Da uva ao viño Ourense
Fonction unique 20/09/2026
Gandarela Turismo Rural
Carballeda de Abaixo, Laias, ,
Actividade de enoturismo en Gandarela Turismo Rural, en Laias, Cenlle.
Data e hora: Domingo 20 de setembro, 12:00 h
Duración: 1 h 30 min
Lugar: Bodega Gandarela & Turismo Rural Carballeda de Abaixo, Laias, 32459 Cenlle (Ourense)
Prazas limitadas.
Prezo: 10 por persoa
Descrición da actividade:
En plena vendima, propoñémosche percorrer o camiño completo da uva ao viño nun mesmo lugar. Comezamos cunha breve historia da casa e do lagar de pedra de 1782, aínda en pé, e do que significa elaborar baixo o réxime de colleiteiro: viñedo propio, uva propia, da nosa propia adega.
Seguimos con algo que só é posible en setembro: unha cata de uva. Acio na man, aprendemos a ler unha uva madura pel, polpa, pebida e comprobamos sobre o terreo que nos di do viño que vai nacer dela.
Despois pasamos á cata de viños, para recoñecer na copa todo o que acabamos de probar no viñedo.
Pechamos en mesa, acompañando os viños con queixos galegos, pan de millo e marmeladas caseiras elaboradas por nós con castes autóctonas do noso viñedo.
Unha actividade para entender o Ribeiro desde dentro.
Inclúe: visita guiada, cata de uva, cata de viños e degustación de queixos, pan de millo e marmeladas caseiras.

