Da uva ao viño en Ourense Da uva ao viño en Ourense
Gandarela Turismo Rural
Ourense ES

Da uva ao viño en Ourense

20/09/2026

Gandarela Turismo Rural

Carballeda de Abaixo, Laias, ,

Actividade de enoturismo en Gandarela Turismo Rural, en Laias, Cenlle.

Data e hora: Domingo 20 de setembro, 12:00 h

Duración: 1 h 30 min

Lugar: Bodega Gandarela & Turismo Rural Carballeda de Abaixo, Laias, 32459 Cenlle (Ourense)

Prazas limitadas.

Prezo: 10 por persoa


Descrición da actividade:

En plena vendima, propoñémosche percorrer o camiño completo da uva ao viño nun mesmo lugar. Comezamos cunha breve historia da casa e do lagar de pedra de 1782, aínda en pé, e do que significa elaborar baixo o réxime de colleiteiro: viñedo propio, uva propia, da nosa propia adega.

Seguimos con algo que só é posible en setembro: unha cata de uva. Acio na man, aprendemos a ler unha uva madura pel, polpa, pebida e comprobamos sobre o terreo que nos di do viño que vai nacer dela.

Despois pasamos á cata de viños, para recoñecer na copa todo o que acabamos de probar no viñedo.

Pechamos en mesa, acompañando os viños con queixos galegos, pan de millo e marmeladas caseiras elaboradas por nós con castes autóctonas do noso viñedo.

Unha actividade para entender o Ribeiro desde dentro.

Inclúe: visita guiada, cata de uva, cata de viños e degustación de queixos, pan de millo e marmeladas caseiras.

Preguntas relacionadas con Da uva ao viño en Ourense

¿En qué lugar se realiza el evento Da uva ao viño en Ourense?

El evento se realiza en Gandarela Turismo Rural en Ourense.

¿En que fecha se realiza el evento Da uva ao viño en Ourense?

La fecha del evento es 20 de Septiembre.

Artistas relacionados Información del recinto
Añade servicios Compartir evento
Facebook Twitter Linkedin