Da uva ao viño Ourense Da uva ao viño Ourense
Gandarela Turismo Rural
Ourense ES

Da uva ao viño Ourense

Unique function 20/09/2026

Gandarela Turismo Rural

Carballeda de Abaixo, Laias, ,

Actividade de enoturismo en Gandarela Turismo Rural, en Laias, Cenlle.

Data e hora: Domingo 20 de setembro, 12:00 h

Duración: 1 h 30 min

Lugar: Bodega Gandarela & Turismo Rural Carballeda de Abaixo, Laias, 32459 Cenlle (Ourense)

Prazas limitadas.

Prezo: 10 por persoa


Descrición da actividade:

En plena vendima, propoñémosche percorrer o camiño completo da uva ao viño nun mesmo lugar. Comezamos cunha breve historia da casa e do lagar de pedra de 1782, aínda en pé, e do que significa elaborar baixo o réxime de colleiteiro: viñedo propio, uva propia, da nosa propia adega.

Seguimos con algo que só é posible en setembro: unha cata de uva. Acio na man, aprendemos a ler unha uva madura pel, polpa, pebida e comprobamos sobre o terreo que nos di do viño que vai nacer dela.

Despois pasamos á cata de viños, para recoñecer na copa todo o que acabamos de probar no viñedo.

Pechamos en mesa, acompañando os viños con queixos galegos, pan de millo e marmeladas caseiras elaboradas por nós con castes autóctonas do noso viñedo.

Unha actividade para entender o Ribeiro desde dentro.

Inclúe: visita guiada, cata de uva, cata de viños e degustación de queixos, pan de millo e marmeladas caseiras.

Preguntas relacionadas con Da uva ao viño Ourense

Where is the event Da uva ao viño Ourense held?

The event takes place at Gandarela Turismo Rural in Ourense.

What date does the event Da uva ao viño Ourense take place?

The event date is 20 de Septiembre .

Related artists Location information
Additional services Share event
Facebook Twitter Linkedin