"Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar en Ribadeo co Mago Rafa en Lugo
Función única 02/05/2026
Rúa de San Roque, 2 27700, Lugo, Lugo
“Imposible!?” é unha viaxe fascinante onde a lóxica se dobra e a realidade xoga a despistaos. Durante o espectáculo, o público converterase en protagonista dunha experiencia chea de asombro, participación e emoción. Obxectos que aparecen e desaparecen, decisións imposibles de adiviñar, momentos que desafían toda explicación… e, sobre todo, esa sensación marabillosa de volver crer no extraordinario.
Con humor, ritmo e unha posta en escena próxima e dinámica, o Mago Rafa transforma o escenario nun espazo onde todo pode suceder. Porque cando a maxia é auténtica, o imposible deixa de selo.
Un espectáculo para todos os públicos, pensado para gozar en familia, rir xuntos e compartir ese instante único no que os ollos brillan e o corazón se enche de ilusión.
Estás preparado para vivir o "Imposible!?"
O Mago Rafa é un ilusionista galego con máis de trinta anos de traxectoria profesional, levando a súa maxia por teatros e festivais de toda a península. Creador da primeira escola de maxia de Galicia, Rafa destaca pola súa capacidade para conectar co público e facer que a maxia suceda nas propias mans dos espectadores.
Preguntas relacionadas con "Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar en Ribadeo co Mago Rafa en Lugo
¿En qué lugar se realiza el evento \"Imposible!?\" Espectáculo de maxia familiar en Ribadeo co Mago Rafa en Lugo?
El evento se realiza en Auditorio Hernan Naval en Lugo.
¿Dónde actúa Mago Rafa?
Actuará en Auditorio Hernan Naval.





