"Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar en Ribadeo co Mago Rafa Lugo "Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar en Ribadeo co Mago Rafa Lugo
Auditorio Hernan Naval
Lugo ES

"Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar en Ribadeo co Mago Rafa Lugo

Fonction unique 02/05/2026

Auditorio Hernan Naval

, ,


Mago Rafa tiene eventos activos en este momento.



Vous êtes fan de Mago Rafa

Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.



“Imposible!?” é unha viaxe fascinante onde a lóxica se dobra e a realidade xoga a despistaos. Durante o espectáculo, o público converterase en protagonista dunha experiencia chea de asombro, participación e emoción. Obxectos que aparecen e desaparecen, decisións imposibles de adiviñar, momentos que desafían toda explicación… e, sobre todo, esa sensación marabillosa de volver crer no extraordinario.

Con humor, ritmo e unha posta en escena próxima e dinámica, o Mago Rafa transforma o escenario nun espazo onde todo pode suceder. Porque cando a maxia é auténtica, o imposible deixa de selo.

Un espectáculo para todos os públicos, pensado para gozar en familia, rir xuntos e compartir ese instante único no que os ollos brillan e o corazón se enche de ilusión.

Estás preparado para vivir o "Imposible!?"

O Mago Rafa é un ilusionista galego con máis de trinta anos de traxectoria profesional, levando a súa maxia por teatros e festivais de toda a península. Creador da primeira escola de maxia de Galicia, Rafa destaca pola súa capacidade para conectar co público e facer que a maxia suceda nas propias mans dos espectadores.

Artistes de l’événement Informations sur le lieu Ajouter des services Partager l’événement
Facebook Twitter Linkedin