Máxicamente Pontevedra Máxicamente Pontevedra
TEATRO MUNICIPAL | TUI
Pontevedra ES

Máxicamente Pontevedra

Funzione unica 23/12/2022

TEATRO MUNICIPAL | TUI

, Pontevedra, Pontevedra


Máxicamente tiene eventos activos en este momento.



Sei un fan di Máxicamente

Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.



"Maxicamente" - "Magicamente" é o nome do espectáculo musical que se levará acabo no Teatro Municipal de Tui o vindeiro 23 de decembro ás 21.30 (ES.), 20.30 (PT.)  Unha nova aposta cultural da Eurocidade Tui-Valença, impulsada polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de  Valença.


Serán máis de 50 músicos de 3 formacións de ambos lados do río; o cuarteto de jazz KASUAL QUARTET, o coro infantil VOCALIS CONTRASTA da AMFV de Valença con 13 nenos e nenas dirixidos por Yara Gutkin e acompañados polo pianista Antonio Sergio, e o coro Mistura Vocal  con 37 cantores e cantoras dirixidos por Aloia Martínez. Ademais contará co actor Javier Fernández. Todos eles baixo a dirección técnico-artística de Eva García e Juantxo García e a dirección musical de Aloia Martínez.


"Maxicamente" preséntase como unha oportunidade de deixarnos levar e emprender unha viaxe na procura desa maxia que todos temos dentro de nós.


----------


VENDA DE ENTRADAS:

- A entrada debe mercarse de xeito anticipado, até media hora antes do inicio, en www.tui.gal


PREZOS DAS ENTRADAS:

- Normal: Primeiro prezo sinalado nas entradas. Neste caso, 5???.

- Desconto: Segundo prezo sinalado nas entradas. Neste caso, 4???. ?? preciso amosar o documento acreditativo, carné xove, carné de estudiante, carné da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.


NORMATIVA:

- Acceso ao patio de butacas dende 30 minutos antes do inicio. Acuda coa suficiente antelación. Evite aglomeracións.

- Ocupe a cadeira mercada e seleccionada e permaneza sentado até o remate do espectáculo.

- Siga en todo momento as indicacións da organización e a sinalización.

- Os menores deberán permanecer acompañados en todo momento.

- Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso.

- Non se devolverá o importe da entrada.

- No momento de acceso ao patio de butacas cada persoa deberá ter a súa entrada na man, ou no móbil, e se fose o caso, o documento acreditativo do desconto. A entrada debe conservarse até o remate da función.

- Actúe con responsabilidade.


No patio de butacas está prohibido usar o móbil, gravar, comer, beber, introducir paraugas ou carriños de bebé.

Altri Artisti
Informazione sul recinto Aggiungi servizi Condividi evento
Facebook Twitter Linkedin