Máxicamente a Pontevedra
Funció única 23/12/2022
TEATRO MUNICIPAL | TUI
, Pontevedra, Pontevedra
Máxicamente tiene eventos activos en este momento.
Ets fan de Máxicamente
Descobreix les seves últimes noticies, fotografies i vídeos. Deixa’ns el teu email i no et perdis cap detall.
"Maxicamente" - "Magicamente" é o nome do espectáculo musical que se levará acabo no Teatro Municipal de Tui o vindeiro 23 de decembro ás 21.30 (ES.), 20.30 (PT.) Unha nova aposta cultural da Eurocidade Tui-Valença, impulsada polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença.
Serán máis de 50 músicos de 3 formacións de ambos lados do río; o cuarteto de jazz KASUAL QUARTET, o coro infantil VOCALIS CONTRASTA da AMFV de Valença con 13 nenos e nenas dirixidos por Yara Gutkin e acompañados polo pianista Antonio Sergio, e o coro Mistura Vocal con 37 cantores e cantoras dirixidos por Aloia Martínez. Ademais contará co actor Javier Fernández. Todos eles baixo a dirección técnico-artística de Eva García e Juantxo García e a dirección musical de Aloia Martínez.
"Maxicamente" preséntase como unha oportunidade de deixarnos levar e emprender unha viaxe na procura desa maxia que todos temos dentro de nós.
----------
VENDA DE ENTRADAS:
- A entrada debe mercarse de xeito anticipado, até media hora antes do inicio, en www.tui.gal
PREZOS DAS ENTRADAS:
- Normal: Primeiro prezo sinalado nas entradas. Neste caso, 5???.
- Desconto: Segundo prezo sinalado nas entradas. Neste caso, 4???. ?? preciso amosar o documento acreditativo, carné xove, carné de estudiante, carné da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.
NORMATIVA:
- Acceso ao patio de butacas dende 30 minutos antes do inicio. Acuda coa suficiente antelación. Evite aglomeracións.
- Ocupe a cadeira mercada e seleccionada e permaneza sentado até o remate do espectáculo.
- Siga en todo momento as indicacións da organización e a sinalización.
- Os menores deberán permanecer acompañados en todo momento.
- Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso.
- Non se devolverá o importe da entrada.
- No momento de acceso ao patio de butacas cada persoa deberá ter a súa entrada na man, ou no móbil, e se fose o caso, o documento acreditativo do desconto. A entrada debe conservarse até o remate da función.
- Actúe con responsabilidade.
No patio de butacas está prohibido usar o móbil, gravar, comer, beber, introducir paraugas ou carriños de bebé.







