FAIA | Festival MARÉ 2026 La Coruña
Funzione unica 26/09/2026
Santiago de Compostela
, , Santiago de Compostela
FAIA arriba en Maré cun concerto íntimo onde o repertorio tradicional dialoga coa experimentación sonora e se transforma. É unha viaxe, ou un soño: o canto da rola dende o souto de Doncos á penumbra dunha igrexa en Compostela.
Nanas, romances e outras coplas de transmisión oral son levadas a escea xunto con Bleuenn Le Friec na arpa e as Suelen Estar Cuartet nos violíns, violonchelo e contrabaixo. A experiencia e a memoria familiar entrelázanse coa dimensión colectiva do canto, reivindicando as melodías e cántigas como forma de resistencia feminista na que as mulleres foron, e son, as principais protagonistas.
Agardamos por vós o vindeiro sábado 26 de setembro na Igrexa da USC.
Páxina web: mare.
gal
Facebook: @mare.
compostela
Instagram: @mare_compostela
Canle de Youtube
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.
gal
Altri Artisti
Informazione sul recinto
Aggiungi servizi
Condividi evento



