FAIA | Festival MARÉ 2026 La Coruña FAIA | Festival MARÉ 2026 La Coruña
Santiago de Compostela
La Coruña ES

FAIA | Festival MARÉ 2026 La Coruña

Einzigartige Funktion 26/09/2026

Santiago de Compostela

, , Santiago de Compostela

FAIA arriba en Maré cun concerto íntimo onde o repertorio tradicional dialoga coa experimentación sonora e se transforma. É unha viaxe, ou un soño: o canto da rola dende o souto de Doncos á penumbra dunha igrexa en Compostela.


Nanas, romances e outras coplas de transmisión oral son levadas a escea xunto con Bleuenn Le Friec na arpa e as Suelen Estar Cuartet nos violíns, violonchelo e contrabaixo. A experiencia e a memoria familiar entrelázanse coa dimensión colectiva do canto,  reivindicando as melodías e cántigas como forma de resistencia feminista na que as mulleres foron, e son, as principais protagonistas.


Agardamos por vós o vindeiro sábado 26 de setembro na Igrexa da USC.



Páxina web: mare.

gal
Facebook: @mare.

compostela
Instagram: @mare_compostela


Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.

gal

Künstler der Veranstaltung Information über den Veranstaltungsort Dienste hinzufügen Veranstaltung teilen
Facebook Twitter Linkedin