Cotorras, de Malasombra Produccións Coruña, A Cotorras, de Malasombra Produccións Coruña, A
Auditorio Edificio Multiusos
- ES

Cotorras, de Malasombra Produccións Coruña, A

Funzione unica 23/10/2026

Auditorio Edificio Multiusos

Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A


Unha das comedias que marcará a tempada teatral. Unha obra divertidísima que nos regalará risas e reflexións.

No interior dunha casa aparentemente ordenada e confortable, un matrimonio prepárase para recibir a unha parella de amigos cos que quedaron para cear. Mentres ultiman os detalles, el, un político en plena campaña de reelección, aparece na televisión pronunciando un discurso feminista impecable: palabras medidas, xestos ensaiados, consignas sobre igualdade, empoderamento e xustiza social, pero, por que esas palabras non teñen cabida na súa propia casa?

Cotorras é unha divertidísima comedia protagonizada por Luis Iglesias e Patricia Rodríguez que mostra a hipocrisía deste político con un discurso público feminista e unha actitude tremendamente machista na súa vida privada.

Sóanos de algo?


NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Caé Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.

No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.