Cotorras, de Malasombra Produccións Coruña, A
23/10/2026
Rúa de Curros Enríquez, s/n, 15840, Santa Comba, La Coruña
Unha das comedias que marcará a tempada teatral. Unha obra divertidísima que nos regalará risas e reflexións.
No interior dunha casa aparentemente ordenada e confortable, un matrimonio prepárase para recibir a unha parella de amigos cos que quedaron para cear. Mentres ultiman os detalles, el, un político en plena campaña de reelección, aparece na televisión pronunciando un discurso feminista impecable: palabras medidas, xestos ensaiados, consignas sobre igualdade, empoderamento e xustiza social, pero, por que esas palabras non teñen cabida na súa propia casa?
Cotorras é unha divertidísima comedia protagonizada por Luis Iglesias e Patricia Rodríguez que mostra a hipocrisía deste político con un discurso público feminista e unha actitude tremendamente machista na súa vida privada.
Sóanos de algo?
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Caé Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.
Preguntas relacionadas con Cotorras, de Malasombra Produccións Coruña, A
¿En que fecha se realiza el evento Cotorras, de Malasombra Produccións Coruña, A?
La fecha del evento es 23 de Octubre.
¿Dónde actúa Malasombra Produccións?
Actuará en Auditorio Edificio Multiusos.

