Cinema marabillas, de Raquel Queizás Coruña, A Cinema marabillas, de Raquel Queizás Coruña, A
Auditorio Edificio Multiusos
- ES

Cinema marabillas, de Raquel Queizás Coruña, A

Funzione unica 21/11/2026

Auditorio Edificio Multiusos

Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A

Este máxico espectáculo para todas as idades mestura a narración co teatro e o cinema, para divertir e espertar no público o amor polo cine e descubrirlles o poder que ten séptima arte para transmitir historias.

Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte. Alice, desde pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á pantalla. Coñeceremos a súa vida e veremos fragmentos das súas películas. Alice Guy é unha muller fascinante inxustamente esquecida: foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, productora...

Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.

Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.