Cinema marabillas, de Raquel Queizás Coruña, A
21/11/2026
Rúa de Curros Enríquez, s/n, 15840, Santa Comba, La Coruña
Este máxico espectáculo para todas as idades mestura a narración co teatro e o cinema, para divertir e espertar no público o amor polo cine e descubrirlles o poder que ten séptima arte para transmitir historias.
Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte. Alice, desde pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á pantalla. Coñeceremos a súa vida e veremos fragmentos das súas películas. Alice Guy é unha muller fascinante inxustamente esquecida: foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, productora...
Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.
Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.
Preguntas relacionadas con Cinema marabillas, de Raquel Queizás Coruña, A
¿En que fecha se realiza el evento Cinema marabillas, de Raquel Queizás Coruña, A?
La fecha del evento es 21 de Noviembre.

