Magalí Sare e Vox Stellae | Festival MARÉ 2026 A Coruña Magalí Sare e Vox Stellae | Festival MARÉ 2026 A Coruña
Teatro Principal
La Coruña ES

Magalí Sare e Vox Stellae | Festival MARÉ 2026 A Coruña

Fonction unique 23/09/2026

Teatro Principal

, , Santiago de Compostela

A marea ábrese paso co universo sonoro de Magalí Sare. Esta voz prodixiosa inaugurará o festival  MARÉ, no que presentará o seu novo proxecto, Descasada Vol 1. Un álbum abertamente feminista que desborda talento e sensibilidade, froito de tres anos de investigación e recompilación de cancións tradicionais de distintas culturas que dan voz ás mulleres e a súa experiencia co matrimonio.


Unha travesía sonora na que o cee é a sororidade, o que nos conecta coa esencia da nosa querida Begoña Caamaño -a quen este ano se lle adicaron as Letras Galegas- por reinvindicar ámbalas dúas na súa obra o protagonismo radical (do étimo radicalis, de raíz) das historias de mulleres.


É o seu  un traballo de comunidade musical, unha polifonía conceptual e vocal, no que o folclore iberoamericano se mestura coa música clásica, o canto coral ou o jazz; e no que conflúen cancións en 12 idiomas distintos, entre eles o galego.


Para a ocasión estará acompañada do coro de cámara compostelán Vox Stellae nunha colaboración do máis especial que envolverá ao público nunha atmosfera máxica.



Agardamos por vós o vindeiro mércores 23 de setembro no Teatro Principal.



Páxina web: mare.

gal
Facebook: @mare.

compostela
Instagram: @mare_compostela


Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.

gal

Artistes de l’événement
Informations sur le lieu Ajouter des services Partager l’événement
Facebook Twitter Linkedin