Magalí Sare e Vox Stellae | Festival MARÉ 2026 A Coruña
23/09/2026
Rúa Nova, 21 15705, A Coruña, La Coruña
A marea ábrese paso co universo sonoro de Magalí Sare. Esta voz prodixiosa inaugurará o festival MARÉ, no que presentará o seu novo proxecto, Descasada Vol 1. Un álbum abertamente feminista que desborda talento e sensibilidade, froito de tres anos de investigación e recompilación de cancións tradicionais de distintas culturas que dan voz ás mulleres e a súa experiencia co matrimonio.
Unha travesía sonora na que o cee é a sororidade, o que nos conecta coa esencia da nosa querida Begoña Caamaño -a quen este ano se lle adicaron as Letras Galegas- por reinvindicar ámbalas dúas na súa obra o protagonismo radical (do étimo radicalis, de raíz) das historias de mulleres.
É o seu un traballo de comunidade musical, unha polifonía conceptual e vocal, no que o folclore iberoamericano se mestura coa música clásica, o canto coral ou o jazz; e no que conflúen cancións en 12 idiomas distintos, entre eles o galego.
Para a ocasión estará acompañada do coro de cámara compostelán Vox Stellae nunha colaboración do máis especial que envolverá ao público nunha atmosfera máxica.
Agardamos por vós o vindeiro mércores 23 de setembro no Teatro Principal.
Páxina web: mare.
gal
Facebook: @mare.
compostela
Instagram: @mare_compostela
Canle de Youtube
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.
gal
Preguntas relacionadas con Magalí Sare e Vox Stellae | Festival MARÉ 2026 A Coruña
¿En qué lugar se realiza el concierto Magalí Sare e Vox Stellae | Festival MARÉ 2026 A Coruña?
El concierto se realiza en Teatro Principal en La Coruña.
¿En que fecha se realiza el concierto Magalí Sare e Vox Stellae | Festival MARÉ 2026 A Coruña?
La fecha del concierto es 23 de Septiembre.
¿Cuándo es el concierto de Magalí Sare?
El concierto de Magalí Sare en La Coruña es el día 23 de Septiembre.
¿Dónde es el concierto de Magalí Sare?
El concierto es en Teatro Principal.
¿Cuándo es el concierto de Vox Stellae?
El concierto de Vox Stellae en La Coruña es el día 23 de Septiembre.
¿Dónde es el concierto de Vox Stellae?
El concierto es en Teatro Principal.
Artistas relacionados
Información del recinto
Añade servicios
Compartir evento





