Úlex (Ciclo Nunha Sala) en Pontevedra
Función única 10/05/2026
Av. Olímpica, 1 28108, Alcobendas, Alcobendas
Ulex fórmase en Compostela en setembro de 2022 e xorde do amor pola música e as ganas de tocar de catro adolescentes Xian Castro (voz principal e guitarra rítimca), Mónica Fuentes (baixo), Tomás Sánchez (guitarra solista e coros) e Martinho Quintela (batería e voz principal). Fardando de funda azul coma indumentaria, e con actitude desenfadada no escenario esta banda chamada coma o nome científico do toxo fai rock atolondrado como din eles con aires cumbieiros. A banda sonora perfecta para a vida da mocidade galega e un dos grupos revelación do último ano que preparan xa novos lanzamentos para este 2026. En febreiro de 2025 publican o seu primeiro disco, Lonxe de ti gravado co Hevi no Laboratorio Soyuz. Con retrousos pegañentos e ao xeito dun diario, Ulex fálannos nas súas cancións da súa forma de ver a vida, do amor, do desamor, da dor e do tempo que lles toca vivir. Atolondrado é o título dunha das cancións da banda compostelá e dela nace esta etiqueta que nos serve para explicar dúas cousas: reivindicar que todo é analóxico e que a banda toca guitarras, baixo e batería en riguroso directo e para recoñecerse na montaña rusa dos anos mozos.
Preguntas relacionadas con Úlex (Ciclo Nunha Sala) en Pontevedra
¿En qué lugar se realiza el concierto Úlex (Ciclo Nunha Sala) en Pontevedra?
El concierto se realiza en EL INVERNADERO en Pontevedra.
¿Dónde es el concierto de Ulex?
El concierto es en EL INVERNADERO.





