Úlex (Ciclo Nunha Sala) Pontevedra
Funzione unica 10/05/2026
EL INVERNADERO
C. de los Mancebos, 4, Madrid, Madrid
Ulex fórmase en Compostela en setembro de 2022 e xorde do amor pola música e as ganas de tocar de catro adolescentes Xian Castro (voz principal e guitarra rítimca), Mónica Fuentes (baixo), Tomás Sánchez (guitarra solista e coros) e Martinho Quintela (batería e voz principal). Fardando de funda azul coma indumentaria, e con actitude desenfadada no escenario esta banda chamada coma o nome científico do toxo fai rock atolondrado como din eles con aires cumbieiros. A banda sonora perfecta para a vida da mocidade galega e un dos grupos revelación do último ano que preparan xa novos lanzamentos para este 2026. En febreiro de 2025 publican o seu primeiro disco, Lonxe de ti gravado co Hevi no Laboratorio Soyuz. Con retrousos pegañentos e ao xeito dun diario, Ulex fálannos nas súas cancións da súa forma de ver a vida, do amor, do desamor, da dor e do tempo que lles toca vivir. Atolondrado é o título dunha das cancións da banda compostelá e dela nace esta etiqueta que nos serve para explicar dúas cousas: reivindicar que todo é analóxico e que a banda toca guitarras, baixo e batería en riguroso directo e para recoñecerse na montaña rusa dos anos mozos.





