XXVI FESTIVAL DE TÍTERES DE NADAL: TITERES ALAKRÁN "DESCONEXIÓN" en Brión
Varias Fechas
Av. de Sta. Minia, 46 15865, A Coruña, La Coruña
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Festival de Títeres de Nadal?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Festival de Títeres de Nadal.
As nosas vidas dependen da cobertura, da velocidade da transmisión de datos, da wifi ou da fibra óptica, dun entorno virtual e invisible… Somos unha sociedade hiperconectada, que entra en pánico se unha aplicación cae ou o sistema queda colgado. Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.
Chegou á hora de redescubrir a vida real, a analóxica e natural: de establecer unha conexión romántica co noso entorno, coas persoas que temos preto e coas nosas tradicións.
SINOPSE
Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é “unha vida tecnolóxica é unha vida ordeada”. A inesperada chegada do avó Eldemiro á casa, abrirá unha xanela a Carmela para descubrir en primeira persoa a lenda mitolóxica da moura, e reconectará á toda a familia co mundo real…
Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.
EQUIPO
Dirección: Xurxo Rey e Manuel Mansilla.
Interpretación: Borja Insua e Alba Grande.
Escenografía e monicreques: Borja Insua.
Composición musical: Luis Iglesias.
Voz en off: Isabel García.
Texto orixinal: Borja Insua.
Dramaturxia: creación colectiva.
FICHA TÉCNICA
Duración: 45 minutos.
Técnica: monicreques de mesa.
Agradecementos: Lucho Penabade (Os Quinquillas) e familia, Ero Vázquez (Trécola), Xacobo Pais, Kukas e Isabel Rey, LLou e Arale, Mario Maceiras, Javito, Eduardo Garay e Carina Spinozzi.
Preguntas relacionadas con XXVI FESTIVAL DE TÍTERES DE NADAL: TITERES ALAKRÁN "DESCONEXIÓN" en Brión
¿En qué lugar se realiza el evento XXVI FESTIVAL DE TÍTERES DE NADAL: TITERES ALAKRÁN \"DESCONEXIÓN\" en Brión?
El evento se realiza en Centro Social Polivalente en La Coruña.





