Se fosen turistas levarían gafas de sol (Teatro Rosalía Cast en A Coruña
Varie date
Teatro Rosalía de Castro.
Calle del Riego de Agua, 37, 15003 A Coruña, ,
Entradas para SE FOSEN TURISTAS LEVARÍAN GAFAS DE SOL en A Coruña
Data: 22 de decembro de 2019
Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)
Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)
Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % (só no despacho de billetes))
(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)
(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
Comedia de autoficción documental transdisciplinar e interxeneracional para especies de espacios e público con o usen memoria
A memoria é un arma que se dispara sen querer. Recordamos, esquecemos
A memoria é múltiple, é diversa. Nada hai máis democrático e tirano que a memoria. Memoria individual, íntima, secreta, memoria colectiva. A memoria é un espello que non deixa ver o presente pero proxecta o noso futuro do onte. Somos produto dun espazo, dun tempo, dunha memoria.
O se humano ten loitado dende sempre por controlar o espazo, por reconstruir a memoria … pero o tempo escapa entre os seus dedos.
España, Italia e Portugal compartimos memoria do exilio, da emigración, e aínda así hoxe esforzámonos por esquecela fronte a outros exilios, outras migracións, Mudamos o Atlántico por outros mares e os Pirineos ou os Alpes por outros montes, pero a historia é a mesma. Muda a época, mudan as persoas pero a historia repítese.
LIMIAR TEATRO e CRÉMILO en coprodución con CENTRO DRAMÁTICO GALEGO (Galicia), TEATRO NACIONAL DONA MARÍA II DE LISBOA, COMEDIAS DO MINHO (Portugal), COMPAÑIA NACIONAL DE FÓSFOROS DE BOS AIRES (Arxentina) e ECIE DE SAN JOSÉ (Uruguay)
Dirección e dramaturxia: Fran Núñez



