AS GARDIÁS OU O NÓ DO TECELÁN de Teatro de Ningures en Outes AS GARDIÁS OU O NÓ DO TECELÁN de Teatro de Ningures en Outes
Casa da Cultura de Outes
Av. San Campio, 1 La Coruña Serra de Outes ES

AS GARDIÁS OU O NÓ DO TECELÁN de Teatro de Ningures en Outes

Varias Fechas

Auditorio Municipal da Casa da Cultura

Av. San Campio, 1 15230, Serra de Outes, La Coruña

TEATRO DE NINGURES

Entérate antes que nadie

¿Quieres ver a TEATRO DE NINGURES?

Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de TEATRO DE NINGURES.

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.

Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE


SINOPSE E DESCRICIÓN DA OBRA

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.

A obra reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias protexidas co calor humano da familia e a comunidade. O autor, Nasser Djemaï, narra con sensibilidade a resistencia destas "gardiás" contra a inclemente modernidade. A través das vivencias destas mulleres, a peza explora o desexo de vivir e a solidariedade comunitaria, e nos interpela a todas as persoas sobre como, onde e con quen queremos envellecer.

Preguntas relacionadas con AS GARDIÁS OU O NÓ DO TECELÁN de Teatro de Ningures en Outes

¿En qué lugar se realiza el evento AS GARDIÁS OU O NÓ DO TECELÁN de Teatro de Ningures en Outes?

El evento se realiza en Auditorio Municipal da Casa da Cultura en La Coruña.

¿Dónde actúa TEATRO DE NINGURES?

Actuará en Auditorio Municipal da Casa da Cultura.