AS DAMAS DE FERROL de Teatro do Noroeste en Outes AS DAMAS DE FERROL de Teatro do Noroeste en Outes
Casa da Cultura de Outes
Av. San Campio, 1 Ferrol Serra de Outes ES

AS DAMAS DE FERROL de Teatro do Noroeste en Outes

Varias Fechas

Auditorio Municipal da Casa da Cultura

Av. San Campio, 1 15230, Serra de Outes, La Coruña


AS DAMAS DE FERROL tiene eventos activos en este momento.



Sé el primero en enterarte del inicio de la venta de entradas para AS DAMAS DE FERROL

Descubre sus últimas noticias, fotografías y vídeos. Déjanos tu email y no te pierdas ningún detalle.



CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharánse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.

Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden desfrutar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE


SINOPSE E DESCRICIÓN DA OBRA

“As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía se debaten por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.

As súas protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maiores.

A liña argumental avanza e retrocede, léase e desléase como un nobelo imaxinario e imposible de descifrar.

As dúas personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, retrincos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, acontecer, ou pode ser froito das súas enfermizas mentes. Como espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais que a propia realidade circundante.

No caso de que o que contan sexa verdade, acontecese, resulta patético e arrepiante.

No caso de que o que contan sexa un invento froito do desvarío e da enfermidade, entón o que resulta patético e arrepiante son as propias personaxes, as súas mentes capaces de imaxinar tal acontecer.

Obra para público adulto (maiores de 14 anos)

Preguntas relacionadas con AS DAMAS DE FERROL de Teatro do Noroeste en Outes

¿En qué lugar se realiza el evento AS DAMAS DE FERROL de Teatro do Noroeste en Outes?

El evento se realiza en Auditorio Municipal da Casa da Cultura en Ferrol.

¿Dónde actúa TEATRO DO NOROESTE?

Actuará en Auditorio Municipal da Casa da Cultura.