TREMOLO #2: Saha · Carola + Txuki Camanho · LANASA + Marmelada Funk Lugo
Funzione unica 28/11/2026
Club Clavicémbalo
Rúa dos Paxariños, 23, 27002, Lugo, Lugo
TREMOLO #2
Sábado, 28 de novembro de 2026
Club Clavicémbalo (Lugo)
Apertura de portas: 21:30 h
SAHA
O produtor e compositor de Sarria presenta en directo os seus dous traballos publicados en 2026, SUPERSUAVE e LOUISIANA, cunha proposta sonora evocadora que transita entre o terreal e o etéreo e contará con artistas convidadas.
CAROLA + TXUKI CAMANHO
Dúas voces do rap galego con identidade propia. A arousá CAROLA presenta parte do seu EP AMODO, con letras intimistas que exploran as raíces, a identidade e os vínculos afectivos. TXUKI CAMANHO, alter ego da artista viguesa Gala, combina sensibilidade e contundencia a través de rimas que mesturan o persoal e o colectivo.
LANASA + MARMELADA FUNK
O dúo lucense LANASA une forzas coa banda Marmelada nun novo directo que fusiona o rap e o trap co jazz e o funk bailable. Unha proposta fresca que conecta a música urbana cos ritmos máis orgánicos.

