TEATRO DO NOROESTE: “Feirantes” Brión
Varie date
CENTRO SOCIAL POLIVALENTE
Avenida de Santa Minia, 46 - Brión, Brión, Coruña, A
"FEIRANTES" é un espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro ?VOS OUTROS FEIRANTES?. Como se sabe, nestas narracións aparecen reflectidas as andanzas de diversos e curiosos personaxes: aquel que falaba co seu cabalo; o outro ao que lle falaban as cousas: as cadeiras, os zuecos, a culler, o seu propio estómago; aquela voadora de Serantes que voaba sentada nunha banqueta; aquel Tristán García que morreu de tristeza porque non atopou á súa Isolda; aquel Novagildo Andión que percorría as feiras co seu autobús, transportando persoas e animais, que nalgúns casos vén ser o mesmo; ou aquel que tiña un ollo de cristal, que como o oculista non tiña outro lle deu un de segunda mano cor violeta, que fora un encargo dunha viúva que morreu antes de gozalo, e todas as mozas querían ter fillos con el para ver se herdaban esa fermosa cor de ollos; ou aquela Anxeliña de Prado que nacera anana, pero cunha habilidade, bordar panos con lendas para os velorios: ?Adeus, padriños queridos!?, ?Agárdovos a todos no ceo!?, ?Até a volta, compañeiros!?, e cousas así. Todos estes tenros, máxicos e líricos personaxes aparecen reflectidos en ?Feirantes? a través dun fío condutor, dun nexo común que os interrelaciona, e este nexo non podía ser outro que unha vaca, o animal totémico da cultura rural. Unha vaca, pois, pasa de man en man, de dono en dono, de feira en feira, e acompañándoa no seu percorrido vital tomamos coñecemento das andanzas destes personaxes tan próximos á realidade máxica que caracteriza á nosa cultura. Pero os días están contados para estes personaxes, para este fermoso animal. Aos poucos, todo o que significan vaise derrubando. As súas vidas perden o sentido que as alentou e, desorientados, atopan silenciosamente o seu final. E No último instante pregúntanse a se mesmos cal foi o motivo, cal foi a razón que os arrastrou a esa situación sen saída onde se atopan: Quizais a súa forma de ser? Será que o seu innata mansedumbre, o seu natural conformismo levoulles aos poucos até o seu final? Un espectáculo sinxelo, feito desde o sorriso, desde a delicadeza, desde o amor, que procura buscar a relación directa, limpa, sen trampas, co espectador de hoxe e con todos os públicos, e que inicia unha nova liña de traballo para Teatro do Noroeste, na adaptación de textos narrativos ao teatro, eses textos que expresan a esencia da nosa cultura. Un espectáculo homenaxe á vaca e aos estraños e curiosos personaxes que aínda habitan moitos pobos do noso país e tamén, porque non dicilo, un espectáculo homenaxe a Álvaro Cunqueiro.





