SOBRIA Y SERENA, EL CHOU Santa Comba
Varie date
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
As entradas estarán á venda a partir do venres 14 de novembro de 2025 ás 10:00 da mañá.
No marco do Ciclo de Artes escénicas e insertado na programación das actividades do 25N, chega ao Multiusos de Santa Comba un espectáculo que promete moito riso e tamén reflexións sobre a sociedade dende a mirada feminista de Arantxa Treus e Jazmín Abuín.
“Sobria y Serena. El Chou”, é un show que se inspira nos clásicos “late-night” da televisión, pero cunha proposta fresca e diferente, onde as voces femininas son as auténticas protagonistas.
O espectáculo promete unha viaxe de humor e sátira, onde as dúas cómicas abordan temas cotiáns cunha perspectiva única. “Entre broma e broma, a verdade sempre asoma”, afirman Treus e Abuín, resumindo o espírito dunha proposta que xurdiu da súa conexión persoal e da vontade de contar historias desde o punto de vista das mulleres.
Risos asegurados que non podedes perder!
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.







