Nós somos así, do club de maiores de Boqueixón Coruña, A
Funzione unica 09/10/2026
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
Voltan as risas da man dos nosos amigos de Boqueixón, para demostrar que os galegos somos así... ou non?
Un científico e unha filósofa de gran prestixio teñen entre mans unha investigación de gran relevancia para o noso futuro: demostrar se é certo que os galegos e as galegas non temos remedio.
Para iso, formularán catro hipóteses, a través doutras tantas situacións que analizan o noso xeito de ser, a forma que temos de relacionaos e o modo co que ollamos o mundo.
A que conclusións chegarán? Cambiará esta investigación as nosas vidas? Descubrirán cal é a nosa esencia?. Só unha investigación de tal calibre poderá ilustraos nun asunto tan transcendente.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Caé Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.

