MECO E SONO de Xarope Tulú Coruña, A
Funzione unica 22/11/2026
Auditorio Municipal da Casa da Cultura
Casa da Cultura, Outes, Coruña, A
CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de caé xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5 na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou caé xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE DA OBRA
Fedello é un bebé que non durme. Parece que lle teme á Noite. Pero a Noite só quere coidalo e que descanse e envía dúas amigas para que lle axuden durmir: Meco e Sono. Cando Fedello di: teño meco, teño sono aparecen as dúas ao seu carón para arrolalo e cantarlle unhas nanas.

