Desexo, de Talía teatro Santa Comba
Varie date
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
Talía Teatro tiene eventos activos en este momento.
Sei un fan di Talía Teatro
Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.
FICHA ARTÍSTICA
Autor: Diego Rey
Dirección: Diego Rey
Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo
Ficha técnica
Idioma: Galego
Duración: 65 minutos
Comedia
Idade recomendada: maiores de 12 anos
As seguintes preguntas son serias, pero neste espectáculo de comedia trataran de contestarse do xeito máis divertido posible, porque case sempre na vida é mellor rir que chorar. E cando se trata de sexo, pois aínda máis...
Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar ás próximas xeracións?Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que consecuencias ten formarse así?
Intentemos fixarnos nas publicacións, na música,na publicidade...
Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú.
deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.



