Concerto de Tiruleque+Mediarea Pontevedra Concerto de Tiruleque+Mediarea Pontevedra
Sala Rebullón (Centro Social Cultural e Deportivo das Pedriñas)
Pontevedra ES

Concerto de Tiruleque+Mediarea Pontevedra

Funzione unica 15/03/2026

Sala Rebullón (Centro Social Cultural e Deportivo das Pedriñas)

Av. do Rebullón, nº 23, 36416, Pontevedra, Mos, Pontevedra


Concerto de Tiruleque+Mediarea Pontevedra tiene 0 eventos activos en este momento.



Sei un fan di Concerto de Tiruleque+Mediarea Pontevedra

Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.



MEDIAREA presenta Virando por avante, un disco cun total de 9 composicións propias, onde figuran colaboracións como a de Sabela Galbán, María Prado, Alfonso Malvido e as pandeireteiras 3 pés p´un banco. Músicas inspiradas no mar, na cultura mariñeira, na cultura do viño do país, coas velas trimadas para ventos de cambio mais tamén de loita, poñéndose á capa se é preciso.

Nestes tempos de demasiada música plastificada e homoxeneizada, Mediarea demostra que se pode navegar contracorrente e continuar avanzando a base de gaita, acordeón, voz e percusión. Respectando e renovando a tradición a partes iguais, e removendo a quen os segue vendo aferrados aos seus instrumentos.

https://www.

instagram.

com/mediarea_musica/?hl=es

https://open.

spotify.

com/intl-es/album/0AfjqA5b7fK54s8ajt9T9m

TIRULEQUE_ Repichoca

Neste cuarto traballo discográfico, a banda coruñesa xoga coa forza das voces femininas que deron forma à tradición da música cantada en galego. Esas avoas incansables de corpos vellos e espíritus novos, que foron quen de trasmitios non só as pezas, senón tamén esa enerxía, ese lume interior co que xa iluminaban os encontros de décadas atrás.

Tiruleque potencia a enerxía hipnótica da pandeireta co trance das liñas de baixo, combina o brillo da gaita coa forza do metal, mestura a percusión tradicional coa modea... coa particularidade de ser sempre fiel ao espírito verdadeiro das músicas, sen artificios innecesarios, respeitando o seu sentido orixinal, dentro da foliada, para cantar e bailar como sempre se fixo.

https://www.

instagram.

com/tiruleque_musica_galega/

https://open.

spotify.

com/intl-es/album/3bI2CJ8I6MyJ9Kx5Ml1Ake