BULE BULE, de Os Náufragos Teatro Santa Comba
Varie date
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
Os náufragos teatro tiene eventos activos en este momento.
Sei un fan di Os náufragos teatro
Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.
Esta é unha actuación promovida pola Deputación da Coruña no marco do programa “Outono das Artes”, un programa que serve de apoio á divulgación e promoción das diferentes formas de expresión artística presentes en Galicia.
A obra explora o camiño cara á igualdade, destacando os esforzos das mulleres para romper as barreiras que lles impiden acceder a certas profesións.
Bule bule combina emoción, valores e reflexión para contar a historia de Candela, unha nena soñadora cun obxectivo ambicioso: construír o seu propio barco e converterse na súa capitá, todo mentres se enfronta aos desafíos de ter TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade).
A través dunha narrativa chea de simbolismo, a obra non só destaca as dificultades ás que se enfrontan as mulleres para acadar certos soños nunha sociedade que aínda loita contra as desigualdades, senón que tamén celebra a diversidade e a importancia de valorar as diferenzas.
ENTRADA GRATUITA ATA COMPRETAR AFORO.
Público familiar a partir de 4 anos.







