Arapucagongon | Festival MARÉ 2025 A Coruña
Varie date 24/09/2026
Sala Riquela
, Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
O neoloxismo Arapucagongon é a suma de “Arapuca”, trampa en brasileño, e “Gongon”, unha pantasma e tamén o nome dun paxaro en Cabo Verde. Baixo esta metáfora nace o dúo formado por John Douglas e Henrique Silva, músicos ubicados en Lisboa, onde estableceron a súa base musical para afondar nos lazos entre o latexo da samba carioca e o ADN musical da lusofonía co latexo africano que caracteriza ás melodías e ritmos de Cabo Verde. A partir desta mestura, a brebaxe resultante estende os brazos ao rap e tamén á psicodelia electrónica retrofuturista típica dos anos sesenta.
A fórmula final deriva nun caleidoscopio de excitante incerteza e atmosferas de batuque polirrítmica que flúen a través dun festival sonoro arraigado na saudade procedente da melancolía tipicamente brasileira.
Agardamos por vós o vindeiro xoves 24 de setembro na Sala Riquela.
Páxina web: mare.
gal
Facebook: @mare.
compostela
Instagram: @mare_compostela
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.
gal
Altri Artisti
Informazione sul recinto
Aggiungi servizi
Condividi evento



