A LAVERCA: “De algo hai que morrer” Brión A LAVERCA: “De algo hai que morrer” Brión
CENTRO SOCIAL POLIVALENTE
La Coruña ES

A LAVERCA: “De algo hai que morrer” Brión

Varie date

CENTRO SOCIAL POLIVALENTE

Avenida de Santa Minia, 46 - Brión, Brión, Coruña, A


DE ALGO HAI QUE MORRER tiene eventos activos en este momento.



Sei un fan di DE ALGO HAI QUE MORRER

Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.



Espectáculo a cargo de Malasombra Produccións

Conferencia fúnebre-cómico-teatral.

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cento por cento da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.

 Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.

A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado?

A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?

Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian?

Maneiras de morrer. Morremos sempre de súpeto?

O suicidio creativo. Goza do teu último momento

O asasinato. Son os genocidas heroes ecolóxicos incomprendidos?

A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras.

O enterro (ou como desfacerse do cadáver).

A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos.

O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?

Altri Artisti
Informazione sul recinto Aggiungi servizi Condividi evento
Facebook Twitter Linkedin