3ª MOSTRA AUDIOVISUAL DE ACT GALICIA: O CINE EN PANTALLA GRANDE Pontevedra
Funzione unica 18/09/2026
Cine-Teatro Salesianos
, ,
Un ano de traballo, rodaxes, emocións e aprendizaxe condensado nunha xoada inesquecible de cine. Chega a 3ª Mostra de ACT GALICIA ao Cine Teatro Salesianos de Vigo, o evento no que o noso alumnado dá o salto á gran pantalla para compartir co público o froito do seu talento e esforzo diante da cámara.
Desde as primeiras secuencias dos máis novos ata os proxectos finais da Diplomatura e os obradoiros de adultos, esta cita é unha celebración da creación audiovisual e da paixón pola interpretación.
Dous bloques independentes: Ti decides como vivir a Mostra
Como novidade este ano, dividimos o evento en dous bloques diferenciados (Nenos+Adolescentes e Adultos). Deste xeito, podes elixir si prefires asistir a un bloque en concreto ou reservarte a tarde enteira e desfrutar da experiencia completa do cine.
Horarios e Programa | Venres, 18 de setembro
BLOQUE NENOS E ADOLESCENTES
17:00 h ? Photocall
17:30 h ? Proxeccións
DESCANSO
19:00 h ? Pausa entre bloques
BLOQUE ADULTOS
19:30 h ? Photocall maiores
20:00 h ? Proxeccións maiores (Cursos de tarde + Diplomatura)
Acompaña aos nosos actores e actrices na cita máis especial da escola e desfruta do talento da nosa canteira na gran pantalla.
Entradas e Accesos:
Alumnado de ACT GALICIA: De balde
Público xeral: 5 €

