Saibran + Lumedoloop Coruña, A
10/05/2026
Avda. do Rebullón 23 36416, Tameiga, Galicia
Un dobre concerto cos debuts discográficos de Saibran e Lumedooop.
Saibran é o proxecto persoal de Cibrán García, a metade de Boyanka Kostova. O rapeiro de Santiago vén de lanzar o seu primeiro disco Atardecer Harmonioso con Gotas de Primavera que está a presentar en directo acompañado de Julián Goicoa ao baixo e Fiz García á batería.
Lumedoloop son Jamas, Møu e DJ Mil: tres referentes do hip hop galego que presentan en directo «(Re)existencia», o seu primeiro LP conxunto.
Sobre o escenario, despregan o triángulo conceptual do disco: a Rexistencia o lume da loita, a Reexistencia o loop da transformación e a Existencia o froito de resistir e transformarse, a presenza plena.
O flow magnético e a poética afiada de Jamas, a narrativa sonora de Møu e a técnica milimétrica de DJ Mil constrúen un concerto intenso, dinámico e sen concesións. Unha viaxe que atravesa a poesía máis esixente, a denuncia social sen edulcorantes, a retranca como arma e a introspección máis fonda.
Unha proposta escénica firme, honesta e sen artificios. Rap en estado puro.
Preguntas relacionadas con Saibran + Lumedoloop Coruña, A
¿En que fecha se realiza el evento Saibran + Lumedoloop Coruña, A?
La fecha del evento es 10 de Mayo.





