noitiNHas 14 de xullo: Paula Cendejas en acústico + Isaac Peces DJ + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Lydia del Olmo Santiago de Compostela
Diverses dates
Hotel NH Collection Santiago
Hotel NH Collection Santiago . Avenida Burgo das Nacións s/n, 15704. Ver mapa, ,
PRE-RESERVA DE MESA GRUPAL PARA O EVENTO noitiNHas MUSIC CORRESPONDENTE AO MÉRCORES 14 DE XULLO DE 2021: Actuación en acústico de Paula Cendejas, Showcooking CervezasAlhambra da man de Lydia del Olmo e selección musical a cargo de Isaac Peces DJ.
Horarios:
*19:30h: Apertura da terraza grande do NH Collection Santiago no andar cero.
*19:30h: Selección musical a cargo de Isaac Peces DJ, Showcooking Cervezas Alhambra da man de Lydia del Olmo e apetecibles petiscos a cargo do equipo de cociña do NH Collection Santiago.
*21h: Concerto en acústico de Paula Cendejas!
CADA ENTRADA EQUIVALE A UNHA PRE-RESERVA DE MESA GRUPAL PARA CATRO PERSOAS. PARA QUE A PRE-RESERVA SEXA VÁLIDA, SERÁ NECESARIO ACUDIR AO HOTEL NH COLLECTION SANTIAGO DENDE O MARTES 13 DE XULLO ÁS 12H ATA O MÉRCORES 14 DE XULLO ÁS 12h E RECOLLER AS CORRESPONDENTES ENTRADAS FÍSICAS. DE NON PRODUCIRSE ESTA RECOLLIDA A PRE-RESERVA DEIXARÁ DE SER VÁLIDA.
Por favor, antes do evento le con atención as seguintes indicacións:
A crisis sanitaria da COVID-19 require que tomemos medidas específicas para as actividades a desenvolver en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamiento social. Traballemos unidas para poñerlle freo:
- Non se autorizarán cambios de titularidade, ampliacións, reduccións, nin devolucións das entradas pre-reservadas.
- No espazo do evento será obrigatorio que todas as persoas que acceden ao mesmo para ocupar as mesas reservadas se identifiquen aportando: nome completo, DNI, mail e número de teléfono de contacto.
- Será obrigatorio o uso da máscara durante toda a duración do evento excepto, brevemente, para comer e beber.
- Limpeza e hixienización de mans antes de acceder ao espazo.
- Lectura detida da sinalética e carteis.
- Especial atención, ademais, ás indicacións do persoal.
- A entrada e saída ao evento realizaráse de forma progresiva e escalonada.
- Permaneceráse no mesa asignado durante toda a duración do evento sen posibilidade de erguerse para bailar ou interactuar coas artistas, persoal ou público.
- Manteráse a separación de seguridade interpersoal de 1,5m durante o acceso e saída do evento.
- Evitarase na medida do posible facer grupos en entradas ou saídas que poidan entorpecer o normal transcurso de fluxo de público.
- Non asistir ao evento se existen síntomas asimilables á COVID-19. É recomendable tomarse a temperatura antes de acudir ao evento.
- Non se poderá acceder ao recinto con comida ou bebida. Haberá comida e bebida á venda no recinto.
- Non está permitido fumar no recinto.
- A Organización resérvase o dereito a solicitar o desaloxo do recinto daquelas persoas que no cumpran a normativa ou entorpezan o normal desenvolvemento do espectáculo.





