"Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar Cee co Mago Rafa Coruña, A "Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar Cee co Mago Rafa Coruña, A
Auditorio Baldomero Cores, Casa da cultura
La Coruña ES

"Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar Cee co Mago Rafa Coruña, A

Fonction unique 04/04/2026

Auditorio Baldomero Cores, Casa da cultura

Paseo do, P.º Alcalde Pepe Sánchez, 9, 15270 Cee, A Coruña, Cee, Coruña, A


Mago Rafa tiene eventos activos en este momento.



Vous êtes fan de Mago Rafa

Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.



O vindeiro 4 de abril en Cee, presenta o seu novo espectáculo: “Imposible!?".

“Imposible!?” é unha viaxe fascinante onde a lóxica se dobra e a realidade xoga a despistaos. Durante o espectáculo, o público converterase en protagonista dunha experiencia chea de asombro, participación e emoción. Obxectos que aparecen e desaparecen, decisións imposibles de adiviñar, momentos que desafían toda explicación… e, sobre todo, esa sensación marabillosa de volver crer no extraordinario.

Con humor, ritmo e unha posta en escena próxima e dinámica, o Mago Rafa transforma o escenario nun espazo onde todo pode suceder. Porque cando a maxia é auténtica, o imposible deixa de selo.

Un espectáculo para todos os públicos, pensado para gozar en familia, rir xuntos e compartir ese instante único no que os ollos brillan e o corazón se enche de ilusión.

Estás preparado para vivir o "Imposible!?"


O Mago Rafa é un ilusionista galego con máis de trinta anos de traxectoria profesional, levando a súa maxia por teatros e festivais de toda a península. Creador da primeira escola de maxia de Galicia, Rafa destaca pola súa capacidade para conectar co público e facer que a maxia suceda nas propias mans dos espectadores.

Artistes de l’événement Informations sur le lieu Ajouter des services Partager l’événement
Facebook Twitter Linkedin