Concerto de Antía Muíño na Fundación Camilo José Cela Iria Flavia, Padrón
Diverses dates
Fundación Camilo José Cela
Santa María 22, Iria Flavia, Padrón, Coruña, A
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Iria Flavia?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Iria Flavia.
Concerto de Antía Muíño en Iria Flavia. Completan o cuarteto Miguel Arribas ao saxo e o teclado, Ton Risco ás percusións e Yudit Almeida ao contrabaixo.
O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta unha viaxe entre estilos perfectamente guiada pola máxica voz de Antía. Na súa aínda curta carreira, actuou en festivais tan diversos como o Jazzaldia (Donosti), Veranos de la Villa (Madrid) ou Os Xoves de Códax (Cambados), entre moitos outros, e colaborou con artistas como Xabier Díaz, Baiuca ou Las Migas. Durante o último ano, xirou por toda España, deu case unha decena de concertos en Portugal e ven de rematar a súa primeira xira por Marrocos, cunha grande acollida.
Agora prepara novas cancións, que acompañarán nos directos ao seu aplaudido “Carta Aberta”. Ao vivo, Antía acompaña a súa voz ás veces de guitarra clásica e ás veces de pandeireta, intercalando a intimidade e o virtuosismo das súas autorías coa potencia da percusión e o canto tradicional.







