Sexo seguro. ¿Seguro? ¡Seguro! Coruña, A
Fonction unique 13/11/2026
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
Todo o que xa creías saber sobre o sexo seguro e o amor, redescuberto con moito humor, moito rigor e un pouquiño de mala leite.
Se queres ver o que da de sí un condón, no senso metafórico e no literal, este é o teu espectáculo.
Un relato en primeira persoa sobre os retos para querer e quererse nesta sociedade.
Que é o amor? É o sexo mellor con Amor? Por onde comeza o Amor? Pódese amar a alguén se non te amas a ti mesma?
Un relato acerca das relacións, autoaceptación, o amor aos demáis, a sinceridade e a profilaxe.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Caé Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.

