Rock no Alboio 2022 Pontevedra Rock no Alboio 2022 Pontevedra
Bodegas La Val
Pontevedra ES

Rock no Alboio 2022 Pontevedra

Fonction unique 03/12/2022

Bodegas La Val

, Pontevedra, Pontevedra


Bang 74 tiene eventos activos en este momento.



Vous êtes fan de Bang 74

Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.



Viño, Terruño e Rockandroll!

Nesta segunda edición do Rock no Alboio seguimos coa clara intención de crear o "Right ´Em Boyo", ese bo rollo que che fai bailar coa copa de viño na man. A fórmula segue sendo a mesma: Bodegas da zona, bo viño, boas bandas, boa comida e ganas de pasalo ben. 
 
Cada ano queremos presentarvos unha adega nova, así que o Alboio trasládase a Bodegas La Val,  A Mugiña, Salvaterra de Miño. Contarase coa presencia dos responsables das adegas, que servirán e comentarán as peculiaridades  dos seus Albariños, Condados e Tintos, así como unha proposta gastronómica de proximidade e, por suposto, rock and roll.

Cartel:
  • 13.00 h Losto Kinsky
  • 16.00 h Bang 74
  • 18.00 h Pelazo
Para completar a oferta teremos sesión Dj, Animación Infantil, Foodtrucks durante todo e día e algunha sorpresa máis.

Un pequeno festival para disfrutar dos viños do noso territorio, coñecer aos produtores e as suas propostas, bailar e cantar con tres bandas moi interesantes e sentir o terruño desta parte da D.O. Rias Baixas.

Adegas convidadas:
La Val
Corisca
Pazo Pegullal
María Bargiela
Fillaboa
Bodegas Villanueva

Prezos das copas durante o evento: 2??? (a entrada inclúe unha copa)
Será posible adquirir botellas durante o evento.
Artistes de l’événement
Informations sur le lieu Ajouter des services Partager l’événement
Facebook Twitter Linkedin