Pipo Romero Trío na Casa das Crechas #GPS12 Santiago de Compostela
Diverses dates
Casa das Crechas
, Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Pipo Romero?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Pipo Romero.
Pipo Romero é a nova realidade da guitarra acústica en España, cunha mestura de estilos na que se fusionan o folk, o flamenco ou a música clásica así coma pinceladas celtas ou country que unidas cristalizan en melodías únicas cun son innovador.
"IKIGAI" é o terceiro álbum de Pipo Romero que representa (como o propio concepto xaponés significa): a razón de ser e a motivación persoal do artista a través da súa propia obra, un norte, un sentido da vida. Este terceiro disco é unha oda aos folklores Españoles e o seu cruce cos folklores atlánticos, mais executado e composto cunha guitarra de cordas de acero en vez da tradicional guitarra española. Cheo de cores, matices, dende o máis puro e auténtico da raíz pero coas portas abertas cara múltiples fronteiras, tanto espaciais coma temporais.
Unha experiencia única para contemplar ao artista, gozar dunha viaxe musical chea de contrastes e cambiantes estados de ánimo que viaxan polo folk español, o flamenco e a música clásica a través dun único e innovador enfoque da guitarra acústica.
Pipo Romero guitarra
Alberto Martínez percusión
Alexis Lefevre violín
Máis info: www.piporomero.com
--------
Este concerto forma parte do circuito Girando Por Salas #GPS12
Artistes de l’événement
Informations sur le lieu
Ajouter des services
Partager l’événement







