OUTONO CULTURAL · De Ste Xeito Producións "Neura" Brión OUTONO CULTURAL · De Ste Xeito Producións "Neura" Brión
Salón de actos do Centro Social Polivalente
La Coruña ES

OUTONO CULTURAL · De Ste Xeito Producións "Neura" Brión

Diverses dates

Salón de actos do Centro Social Polivalente

Avda. de Santa Minia 46 - 15865, Brión, Coruña, A


Sergio Macías tiene eventos activos en este momento.



Vous êtes fan de Sergio Macías

Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.



FICHA ARTÍSTICA

Direción e dramaturxia: Manuel Pombal, Elenco: Sergio Macías e Stephy Llaryora, Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso, Deseño de iluminación e técnico en xira: Jorge Ramos, Axudante de produción: Anxo Fernández, Asesoramento: María Teresa González Mallo, Vídeo: Deica Audiovisual, Foto: Serxo Photo, Exposición: MJ DC TerraSabi Atelier Creation, Produción: De Ste Xeito, Stephy Llaryora, Steve Domínguez e Sergio Macías

SINOPSE

Neura é unha comedia que aborda o tema da saúde mental. Iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Algunhas delas tentan escondelas mentres exhiben outras orgullosos. Ás veces toléranas, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.
Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor. Unha historia que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ? ex?. Xente da que sabemos até o seu grupo sanguíneo, pero coa que nos comportamos coma se fosen perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que se volvan a atopar en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a pór a proba a compatibilidade das súas neuras.