LERIA + Cloe Savage Lugo
Diverses dates
Sala Jagger
Calle de La Cruz, 22, Lugo, Lugo
Leria comeza nas rúas de A Coruña, con May e Hele.Tras un bolo en acústico, con caixón e guitarra... entendemos que esto funciona e queremos e necesitamos axuda. É entón cando aparece Itzi nas nosas vidas como baixista do grupo e un tempiño despóis, incorpórase Andrea. No ano 2022 tocamos en varias salas de Coruña, unha delas a Mardi Gras (3 veces). É en Agosto cando debutamos nun escenario grande, o do festival "ROCK IN CAMBRE"
E esa é a nosa historia breve e concisa. Podes coñecernos mellor nas nosas redes sociais. Cloe é unha drag queen da Coruña que está a arrincar a súa carreira. Esta Bratz galega deixa ao público abraiado cas súas actuacións, as cales destacan pola súa forza visual, así como polos tintes sátiricos que acompañan ao espectáculo. Ademais, o proxecto de Cloe reivindica a presenza de corporalidades non normativas en tódolos ámbitos.



