Kirenia Danza: Emigrantas PONTEVEDRA
Diverses dates
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei 1, Vigo, PONTEVEDRA
Emigrantas tiene eventos activos en este momento.
Vous êtes fan de Emigrantas
Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.
VENRES 26 DE ABRIL, ás 20:00 h:
* Kirenia Danza: “Emigrantas”
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
Xénero: danza contemporánea
Idade recomendada: xuvenil e adulto
Idioma: galego
Duración: 55 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Dirección: Kirenia Martínez Acosta
Bailaríns: Esther Latorre e David Loira
SINOPSE:
A compañía Kirenia Danza presenta EMIGRANTAS, a primeira entrega no 2020 da súa triloxía coreográfica Os vulnerables. Esta tríade de producións enfócase no impacto da pandemia da COVID-19 nas persoas migrantes e na súa rede de afectos. A compañía demostrou o seu compromiso con este tema ao longo de dúas producións posteriores: Primeiro a vida! no 2021, e AFECTOS no 2023 que abordaron a necesidade dun cambio no modelo actual de xestión das crises sociais. Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero.
Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria.
A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes.
Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña doutras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial.
O motor destas Emigrantas é pensar a presente vaga migratoria presente en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantas en Galicia, para así construírmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Artistes de l’événement
Informations sur le lieu
Ajouter des services
Partager l’événement







