"Imposible!?" Espectáculo de maxia familiar en Meira co Mago Rafa Lugo
Fonction unique 25/04/2026
EL INVERNADERO
C. de los Mancebos, 4, Madrid, Madrid
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a ESPECTÁCULO?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de ESPECTÁCULO.
O vindeiro 25 de abril en Meira, o Mago Rafa presenta o seu novo espectáculo: Imposible!?".
Imposible!? é unha viaxe fascinante onde a lóxica se dobra e a realidade xoga a despistaos. Durante o espectáculo, o público converterase en protagonista dunha experiencia chea de asombro, participación e emoción. Obxectos que aparecen e desaparecen, decisións imposibles de adiviñar, momentos que desafían toda explicación e, sobre todo, esa sensación marabillosa de volver crer no extraordinario.
Con humor, ritmo e unha posta en escena próxima e dinámica, o Mago Rafa transforma o escenario nun espazo onde todo pode suceder. Porque cando a maxia é auténtica, o imposible deixa de selo.
Un espectáculo para todos os públicos, pensado para gozar en familia, rir xuntos e compartir ese instante único no que os ollos brillan e o corazón se enche de ilusión.
Estás preparado para vivir o "Imposible!?"
O Mago Rafa é un ilusionista galego con máis de trinta anos de traxectoria profesional, levando a súa maxia por teatros e festivais de toda a península. Creador da primeira escola de maxia de Galicia, Rafa destaca pola súa capacidade para conectar co público e facer que a maxia suceda nas propias mans dos espectadores.



