Festival BRIÓNinclúe: Espectáculo Brinca Vai! de Paco Nogueiras Brión
Diverses dates
Centro Social Polivalente
Centro Social Polivalente. Avda. Santa Minia 46. Ver mapa, ,
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Paco Nogueiras?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Paco Nogueiras.
Espectáculo musical de Paco Nogueiras
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
O músico e actor Paco Nogueiras vai nos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida Máquina nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.







