A Banda Xangai + Rastreros na Sala Malatesta de Santiago de Compostela A Banda Xangai + Rastreros na Sala Malatesta de Santiago de Compostela
SALA MALATESTA
Santiago de Compostela ES

A Banda Xangai + Rastreros na Sala Malatesta de Santiago de Compostela

Diverses dates

SALA MALATESTA

SALA MALATESTA. Rúa de San Lourenzo, 51/53, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña. Ver mapa, ,

Rastreros

Entérate antes que nadie

¿Quieres ver a Rastreros?

Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Rastreros.

Hai 25 anos naceu o Bravú,  un fenómeno cultural que chegou con acento galego qpara marcar a toda unha xeración. Culturactiva S. Coop Galega e a Sala Malatesta celebran tan sinalada data cun concerto dos protagonistas desta explosión musical con denominación de orixe: O Bravú. Rastreros e a Banda Xangai poñen a música e se proxectará o documental "XX anos de bravío" dirixido por Anna Diz.

A BANDA XANGAI

Xúntanse na Banda Xangai nomes importantes da música galega, de bandas xermolo do movemento Bravú e proxectos posteriores: Os Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto e Pulpiño Viascón), Os Papaqueixos (Xan Xove e Antón Díaz), O Jarbanzo Negro (Nacho López), Dios Ke Te Crew (García), As Garotas de Ribeira (Sofía Tarela), A Magnifique Bande dos Home Sen Medo (Martiño Mato e Olivier Cano)... Xuntos conforman unha locomotora musical de vocación festiva.

Xangai é moito máis que un grupo: colle prestado o alcume do tren que durante décadas uniu Galicia e Catalunya. Ese intercambio humano, social, cultural e artístico entre o Atlántico e o Mediterráneo é o fío condutor dunha iniciativa única da que xa agromaron festivais poéticos ou formacións musicais e que viviu un dos seus puntos culminantes na celebración do 40º aniversario do Ateneu Nou Barris de Barcelona, o centro social máis antigo do Estado e que sempre contou cunha forte presenza da emigración galega.


RASTREROS

Conta Xavier Valiño que o nome saliu do que lles dicíao Algarrobo, un sastre comunista: “Sodes uns rastreiros”. Utilizan como local de ensaio, unha cuadra na aldea de Quintá (Chantada). Parece ser que tras o seu primeiro ensaio, as vacas non deron nin gota de leite.
Pouco a pouco vanse facendo un nome nas frías terras do Monte Faro, quentando o ambiente a base de moitas revolucións e unhas ganas de festa contaxiosas das que damos fe os que tivemos a oportunidade de velos en directo.






Artistes de l’événement
Informations sur le lieu Ajouter des services Partager l’événement
Facebook Twitter Linkedin