"Degustación de imposibles" de Joshua Kenneth en Ponteareas. Show de magia familiar Pontevedra
Fonction unique 19/04/2026
Auditorio Reveriano Soutullo
, ,
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a Show de Magia?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de Show de Magia.
Joshua Kenneth é un artista inteacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia.
Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie estadounidense Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.
A súa maxia foi recoñecida en importantes competicións de Portugal, Bulgaria e Italia, acadando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.
“Degustación de imposibles” é unha obra apta para todos os públicos, e nesta selección de imposibles, a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos, como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. Setenta minutos de abraio, humor e misterio, mesturados cun chisquiño de historia do ilusionismo.
Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador, convidándoo a entrar nun mundo no que todo é susceptible de ser transformado, onde nada é imposible.
Atréveste?





