“Contos debuxados, debuxos contados” A TRASTENDA DOS CONTOS (Galicia) A Coruña
Diverses dates
Teatro del Andamio
calle Suárez Ferrín 10 Bajo, A Coruña, Coruña, A
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a TRASTENDA DOS CONTOS?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de TRASTENDA DOS CONTOS.
Que pasa cando xuntas ilustración e palabra escrita?… que xorden os grandes álbums ilustrados.
Que pasa cando xuntas ilustración e palabra contada?… pois que xorden Contos debuxados, debuxos contados.
O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente.
E se a esta mestura engadímoslle a participación imprevisible do público… Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión.
duración: 55-60 minutos
espectáculo recomendado para nen@s a partir dos 4 anos.





