CIRCO DE NADAL EN SANXENXO
Diverses dates
AUDITORIO EMILIA PARDO BAZÁN
AUDITORIO EMILIA PARDO BAZÁN. TRAVESÍA DE MIRAFLORES, 3 A. Ver mapa, ,
CIRCO DE NADAL tiene eventos activos en este momento.
Vous êtes fan de CIRCO DE NADAL
Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.
Unha pequena protagonista, dentro dunha gran historia, ela é a mascota dunha numerosa e particular familia. En Noiteboa despois de cear, inicia o momento mais esperado por todos, ir a árbore e repartir os esperados agasallos. Todos felices e emocionados abren os seus paquetes, con ilusión e alegría todos van durmir. A mascota, que é moi observadora, ve a alguén moi triste recostado baixo a árbore de Nadal, achégase amodiño e descubre que se trata do integrante mais pequeno da familia.
El sorpréndese ao ver a súa mascota ó seu carón, pero está moi triste. Cóntalle que se repartiron todos os agasallos traídos por Santa Claus, pero faltaba un, o seu propio regalo. Ela dálle ánimos, e lle explica que seguramente se extraviou polo camiño ou sería so un simple erro, tiña que investigalo. Así emprenden xuntos un máxico viaxe rumbo a un mundo onírico onde todas as dimensións son máxicas. Aventuras da man de grandes acrobacias, coreografía, efectos especiais, animais animatrónicos e personaxes máxicos farán deste conto a historia visual máis bela deste Nadal. Con gran impacto escenográfico que recrea esta viaxe e cunha gran ensinanza de amizade, cariño e respecto desvelado por un gran agasallo.







