CALDO na Sala Rebullón (Mos)
Diverses dates
Sala Rebullón (Centro Social Cultural e Deportivo das Pedriñas)
Av. do Rebullón, nº 23, 36416, Pontevedra, Mos, Pontevedra
O trío vigués CALDO seguen a presentar o seu segundo traballo “Lugar A Ponte”, outro paso máis na súa achega da música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos.
Lugar A Ponte é unha proposta íntima, moderna e potente, chea de honestidade e de responsabilidade tanto coa tradición coma con elas mesmas. Con este traballo, Caldo abre paso e reivindica o seu espazo no panorama actual coma unha das agrupacións imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora.





