"AS VELLAS NON DEBEN DE NAMORARSE", de Teatro Airiños Santa Comba
Diverses dates
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
Entérate antes que nadie
¿Quieres ver a As vellas non deben de namorarse?
Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de As vellas non deben de namorarse.
As entradas estarán á venda a partir do venres, 7 de novembro de 2025 ás 10:00 da mañá
Sinopse:
As vellas non deben de namorarse é unha obra de teatro que conta, a modo de farsa, a historia de 3 vellas que se namoran de persoas moito máis novas e da dramática consecuencia que estes amores tardíos terán para elas.
Enredos contados nun contexto que busca a converxencia entre a modernidade que define na actualidade a Galicia coa tradición.
As vellas non deben de namorarse é unha adaptación do xa clásico texto de Castelao feita por Amantia Coello Rodríguez, na que xoga a cambiar o sexo ou xénero das personaxes máis conservando o máis integramente posible o texto. O resultado aporta un xiro curioso e divertido, no que respetando a esencia da obra de Castelao e sen forzar o cambio, xorden estas historias de amor e desamor desde unha nova perspectiva.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.







